Por que votar Converxencia XXI? Dez boas razóns para facelo: 1. Porque presentamos un programa galeguista de reformismo liberal e integrador, co espírito nos problemas da nosa Terra, propugnando reforma valentes, sen demagoxias, que fomenten o esforzo e a frugalidade, liberándonos da crecente opresión fiscal e das trabas regulatorias que atenazan o emprendemento. 2. Porque […]
Posicionamentos
Por unha auténtica reforma do sector eléctrico
O goberno do Partido Popular está preparando unha reforma da lei reguladora do sector eléctrico. Mais, como sempre, o goberno do Partido Popular non é capaz de confrontar con decisión a pésima situación do sector eléctrico español que todos os anos está a xerar un déficit tarifario de miles de millóns de euros. A consecuente […]
Dez políticas en prol do emprendemento
A economía española baseou o seu crecemento na primeira década deste século no sector inmobiliario. Porén, este sector desmoronouse vítima dunha enorme burbulla. As economías galega e española encóntranse agora mergulladas nunha crise económica de histórica magnitude. Necesitamos que as actividades inmobiliarias sexan substituídas por novas actividades. Esta han vir da man dos emprendedores, da man […]
Rajoy arruina as familias pero non se atreve cos privilexiados
O goberno do Partido Popular insiste en facer recaer sobre o lombo da maioría dos cidadáns os custos da crise económica mentres os privilexiados, á sombra do poder, conservan intactas as súas prebendas. Neste sentido o goberno do Partido Popular: – Subiu brutalmente os impostos ( IRPF, sociedades, canon da auga, IBI, previsibelmente IVA,…). – […]