O pasado sábado o PNG-PG decidiu en congreso sair do BNG, antes decidiron o mesmo outros tres partidos integrados na frente do nacionalismo de esquerdas; Encontro Irmandiño, Esquerda Nacionalista e +Galiza. É evidente que estamos a ser testemuñas dunha escisión do BNG en grande escala e tamén é evidente que esas organizacións e individuos que […]
Posicionamentos
Posicionamentos de Converxencia XXI
Velaquí tes os 7 primeiros relatórios, que se fan públicos por parte de Converxencia XXI, emanados da primeira Conferencia Política. Os 6 restantes serán publicados proximamente. Estes relatórios orientarán os posicionamentos da formación nos seguintes eidos: – Os principios liberais da nación aplicados a Galicia (*) – Política enerxética – Protección social – Cultura – Relacións internacionais (*) […]
Converxencia XXI celebrou a súa primeira Conferencia Política
O pasado sábado 3 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a primeira Conferencia Política de Converxencia XXI na que se debateron e aprobaron tódolos relatórios presentados. Os 13 relatórios presentados na Conferencia Política serven coma posicionamentos de Converxencia XXI sobre as seguintes matérias: Os principios liberais da nación aplicados a Galicia Política enerxética […]
Posicionamento de Converxencia XXI a respeito da reforma laboral
A situación do mercado laboral español é crítica. O alarmante aumento do desemprego e a elevada precariedade laboral -que se ceba especialmente entre os mais desfavorecidos e que está a levar xa a moitos á dolorosa decisión da emigración- son os seus penosos síntomas. Desde Converxencia XXI sempre temos solicitado unha actuación decidida por parte […]