Hai moitas razóns para votar Converxencia XXI. Aquí tes dez para facelo:
1. Converxencia XXI sáeche gratis; o noso orzamento para estas eleccións é de 4.000 €; o que demos reunido desde as municipais procedente na sua maioría das cotas da afiliación. As enormes sumas que gastan outros partidos saen dos impostos directos e indirectos que pagas tódolos días, e chégalle aos partidos establecidos a través de subvencións do Estado. Votar a Converxencia é polo tanto unha medida inmediata, real e efectiva de austeridade individual e social.
2. Somos un partido fundado hai dous anos, autofinanciámonos e non defendemos os intereses de ningún lobby ou grupo de presión, máis ben pola contra defendemos a eliminación dos privilexios que estes grupos de presión teñen na nosa sociedade, privilexios que empobrecen ao conxunto.
3. Apostamos por unha sociedade meritocrática, onde as persoas prosperen polos seus méritos e non polos seus “amiguismos” precisamos evoluir dunha sociedade nepotista e amiguista a unha sociedade meritocrática se queremos ter futuro.
4. Defendemos unha profunda reestruturación da administración pública, precisamos menos políticos e que traballen dunha forma máis eficiente e que custen menos aos contribuintes. De entrada cómpre suprimir as deputacións e fusionar concellos.
5. É perfectamente posible manter servizos básicos como unha sanidade e educación universais gastando menos, apostando pola eficiencia e eliminando o despilfarro e os gastos supérfluos.
6. Somos a opción da rexeneración democrática e non porque sexamos mellores senón simplemente porque apostamos pola implantación en España e Galicia de normas de transparencia e unha lexislación anticorrupción vixente en países do norte de Europa que non se implanta aquí porque non interesa a PP e PSOE.
7. Votar a un novo partido favorece a competencia, favorece que os partidos establecidos que tan mal nos gobernan se vexan obrigados a mellorar a esforzarse máis para reter os votos dos cidadáns.
8. Galicia precisa unha grande forza que ocupe o espazo central da sua política e que obrigue a moderarse a partidos como o PP e o BNG. O actual escenario politico dos tres partidos que dominan Galicia non é digno dunha democracia occidental avanzada e impide unha gobernabilidade moderna.
9. Somos un partido de ámbito galego porque cremos que Galicia precisa ferramentas de poder ao seu servizo e apostar pola autoorganización política nun contexto dunha España e dunha Europa federais.
10. Cremos na responsabilidade e tamén na liberdade como a maior fonte de prosperidade social, e cremos que a administración pública debe cumprir o papel de crear un marco ideal para facilitar o emprendedorismo e para que as iniciativas individuais frutifiquen.
Tes ó teu dispor toda a nosa información referente ás Eleccións Xerais en: