“Nace Chorima, boletín oficial de Converxencia XXI. Nacemos coa vontade de ser un alicerce máis do proxecto político que Converxencia XXI ofrece a tódolos cidadáns co ánimo sincero de contribuir á transformación do noso país“. Con estas verbas comeza o primeiro editorial da revista Chorima.
Neste primeiro exemplar da revista Chorima, pódese ler unha entrevista ao historiador galego Justo Baramendi, unha breve reportaxe sobre a história do galeguismo ou algunhas das novas máis interesantes da actividade de Converxencia XXI.
Para consultar o primeiro exemplar da revista, preme nesta ligazón:
– 1º exemplar da Revista Chorima