Converxencia 21 diante do Día das Letras Galegas

vidal bolaño

Este ano o día das Letras Galegas é adicado a Roberto Vidal Bolaño, un brillantísimo dramaturgo que sempre mantivo na súa breve e esplendorosa vida unha postura crítica contra o Poder. En ‘Laudamuco señor de ningures’, o persoaxe do Rei, representado polo propio Vidal Bolaño, séntese abandoado polos seus súbditos, e vese obrigado a ter unha vida deplorable nunha esterqueira, somente obedecido polo Servo, de quen abusa e que busca a complacencia do rei, e sempre leva un mal pago.

Nos, os cidadáns galegos, non somos chamados a desenvolver o papel de rei, incluso derrocado, pero o Poder pretende que desenvolvamos sempre o papel de Servo acrítico, complaciente, e xustificador do sistema absurdo no que nos teñen mergullados.

Convidamos o Día das Letras Galegas a todos os cidadáns a achegarse á figura de Roberto Vidal Bolaño, e a súa obra, e recoller a mensaxe de que cada un de nos ten que rexer a súa propia vida, e ser responsable de si, como adultos responsábeis, sen lle prestar creto ao Poder que hoxe está representado por esta partitocracia que é quén de entonar a mesma cántiga, con variacións tonais: O Poder é necesario para os cidadáns.

Cando o certo é que os cidadáns non precisan máis que liberdade e responsabilidade.

Feliz día!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.