Desde Converxencia 21 queremos amosar o noso apoio aos familiares das vítimas do accidente de tren en Santiago acontecido onte no serán, e desexamos a pronta e completa recuperación de todos os feridos.
A Executiva do Partido quere expresarlle de maneira especial ao Presidente D. Carlos Vázquez Padín o máis sincero pésame polo pasamento da súa nai quen viaxaba no tren e do que se recibiu xa confirmación de ser unha das vítimas mortais.
Desde o noso máis profundo pesar acompañámoste no sentimento querido Carlos.
En Santiago de Compostela, a 25 de xullo de 2013.
A Executiva Nacional de Converxencia 21.