Foro Liberal Ibérico

 

Os días 14 e 15 de setembro celébrase en Madrid o Iberian Liberal Forum organizado polo Movimento Liberal Português (MLS), a Asociación Galega pola Liberdade e a Democracia (GALIDEM) e a Unión Centrista Liberal (UCL). Unha delegación de Converxencia 21 encabezada polo membro da Executiva Nacional Fernando del Río acode a esta importante cita.

O Iberian Liberal Forum constará de conferencias plenarias e sesións que versarán sobre economía, pensamento liberal e política.

A conferencia plenaria estará a cargo e Peter Schröder co título “Successful strategies for political parties”, e terá como conferenciante invitado a Josep Soler co título “Notes towards a political and economic Iberian liberal alternative”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.