Dez razóns para votar a Converxencia 21

1. Podemos facilitar o emprendemento e as iniciativas comerciais e empresariais reducindo os requerimentos normativos, eliminando todo tipo de trabas burocráticas e necesidades de permisos e licencias, así como axilizando a súa xestión.

2. Podemos reducir taxas e impostos municipais, con especial atención ao IBI e o imposto sobre os vehículos. Acreditamos en que o diñeiro onde mellor está é no peto de aquel que se esforzou en ganalo, non na man de calquera político ou administración. Por iso acreditamos en que as administracións públicas deben ser frugais e cobrarlle os menos impostos posíbeis aos cidadáns.

3. Podemos reducir o gasto municipal superfluo centrándonos nas políticas propias e prioritarias dun concello. Cando as administracións se meten en camisas de once varas o único que xeran son problemas para o sector privado, para os cidadáns, para as familias,…e do dispendio tiran partido os espabilados e os corruptos. Por iso, o concello ten que centrar as súas políticas no estritamente imprescindíbel.

4. Podemos instaurar a transparencia na xestión municipal abrindo en internet un Portal da Transparencia onde de xeito claro e amigábel para o usuario figuren todos os ingresos e gastos do concello de xeito detallado. Neste portal o cidadán poderá saber o que cobra cada quen, o que recibiu de dietas, a quen se lle adxudicou unha obra, canto costa unha obra, canto gasta o concello en luz, canto en persoal, cal é a débeda do concello,…Así o cidadán poderá en todo momento formarse unha opinón formada da xestión municipal.

4. Podemos desenvolver o goberno municipal con honestidade e boas prácticas comprometéndonos a declarar o noso patrimonio no momento de chegada ao concello e todos os anos que nel permanezamos. Non admitiremos e perseguiremos os comportamentos corruptos.

5. Podemos facer que as relacións entre os veciños e a administración sexan fluídas e eficientes procurando que a goberno municipal manteña reunións periódicas coa veciñanza nos diferentes barrios da cidade, instaurando un chat mensual en internet entre o alcalde e a veciñanza, retransmitindo por internet todos os plenos municipais e comprometéndonos a consultar a cidadanía sobre a oportunidade de realizar obras ou implementar políticas que resulten especialmente gravosas para as arcas municipais ou sexan suxeito de forte controversia.

6.Podemos ter unha cidade limpa, ecolóxica, agradábel e segura para que os cidadáns desenvolvan a súa convivencia. Debemos reconfigurar a xestión dos residuos urbanos para lograr menores custes e menos impacto ecolóxico, temos que introducir nos medios de transporte públicos unha maior eficiencia enerxética así como na administración municipal, temos que redeseñar os servizos da polícia municipal para lograr unha maior proximidade ao cidadán, eliminar os actos vandálicos e acoutar os actos incívicos, especialmente nas zonas da cidade onde se concentra a actividade hosteleira nocturna.

7. Podemos deseñar unha nova política urbanística que resolva os problemas de mobilidade na cidade e que especialmente preste atención á disponibilidade de estacionamentos gratuítos en superficie no centro da cidade e en moitos barrios. A ausencia destas prazas está a supor unha pesada lousa para o pequeno comercio da nosa cidade.

8. Avogaremos pola privatización concorrencial da xestión dos aeroportos galegos e polo fin de todo tipo de subvencións ás compañías aéreas co fin de que se instaure unha produtiva competitividade entre os aeroportos galegos. Este é o xeito de que o aeroporto de Lavacolla logre proporcionarlle a nosa cidade a conectividade europea necesaria para o desenvolvemento do sector turístico, tan importante para a economía da nosa cidade.

9. Podemos deseñar un plan para a Cidade Vella que tente tirar desta formosa parte da nosa cidade todo o seu potencial como atractor turístico, para iso facilitaremos os usos hosteleiros e as actividades culturais e musicais cunha normativa que compaxine os intereses empresariais, turísticos e da veciñanza.

10. Podemos colaborar con todos os centros educativos da cidade para complementar desde o concello os seus medios e programas co fin de asegurar que os cativos da nosa cidade gozan das mellores oportunidades educativas. Aseguraremos que todos os cativos da nosa cidade cheguen á adolescencia cun nivel fluído de inglés e procuraremos que todos e cada un deles reciban algún tipo de ensino artístico, deportivo e musical complementar. Para a educación pre-infantil introduciremos un cheque escolar para que as familias podan procurar un centro axeitado para os seus fillos.

VOTA CONVERXENCIA 21

JetaSantiago

4 thoughts on “Dez razóns para votar a Converxencia 21

  1. Gonzalo Fernández Maio 9, 2015 at 9:48 a.m. - Reply

    Estimado/a señor/a:

    Quería preguntarlle se presentan candidatura ao concello de Lugo.

    Moitas gracias.

    Un cordial saúdo, Gonzalo Fernández.

    • liberal Maio 11, 2015 at 4:29 p.m. - Reply

      Non presentamos candidatura ao concello de Lugo.

  2. DIEGO GARCIA COUSO^ Setembro 9, 2016 at 3:13 p.m. - Reply

    Parecen interesantes as propostas que presentan vostedes. Galicia e o conxunto do estado están en xogo. Precisamos de persoas comprometidas con España e con Galicia, fronte o actual niño de serpentes e espectáculos que presenciamos todos os días. Necesitamos dun partido liberal a altura de miras da sociedade galega, cun proxecto rexenerador, que avogue polo que representa o verdadeiro liberalismo. Nunca a xente se sentira tan defraudada polos políticos actuais. E agora máis que nunca o momento de dar un paso o fronte para cambiar esta situación. O político debe estar para servir, escoitar, xestionar e actuar pero nunca no seu propio beneficio. Si se xestiona correctamente e se evita o actual despilfarro podense crear as condicións necesarias para que tanto as persoas de hoxe e as xeracións futuras gocen de benestar e dun traballo digno. E a hora de dar un cambio as políticas que din ser liberais pero que en realidade son cortina de fume. O PP está sumido nunha auréola de corrupción e nunha deriva a esquerda; o PSOE de socialismo ten pouco, está acabado e sumido en loitas internas; o BNG por chamarlle algo xa pouco queda del, como unha forza case marxinal; En Marea sumida en espectáculo e diversión. Só queda unha alternativa que debe representar a aquela xente que sempre apostou polos valores do liberalismo e pola democracia. Só nos queda Converxencia 21. Ó meu entender é unha pena que a organización non teña máis visibilidade e que este presente realmente en cada un dos concellos de Galicia. Tedes propostas moi interesantes que a cidadanía tiña que coñecer. En Galicia un dos maiores problemas que teñen as formacións políticas liberais conservadoras é o monopolio que aínda ten o PP. A xente segue empeñada en votar o partido máis corrupto da historia de España, porque esa etiqueta non lla quita ninguén. Eu son de Lugo e é unha pena que non presentedes candidatura. Teño 24 anos, e sempre me interesou todo o que ten que ver co liberalismo e o conservadurismo. Oxalá vexamos rápido crecer este partido e lle faga fronte a un PP que cada día ten máis defraudados os seus votantes, entre os que me inclúo. Fun votante do PP pero hoxe en día xa non representa os valores do liberalismo nin é propiamente unha formación de dereitas. Hoxe é unha sucursal o servizo dos intereses da esquerda. Vamos Converxencia 21, agora é o momento. Tedes todo o meu apoio, aínda que sei que non vos poderei dar o voto, posto que non tedes candidatura en Lugo.

    • liberal Setembro 9, 2016 at 3:27 p.m. - Reply

      En Lugo agora si presentamos candidatura e o noso Secretario Xeral, que é lugués, encabézaa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.