Para podermos acadar un sistema educativo de calidade e no que esté garantida a libre elección dos pais, as nosas propostas son:
- Introdución do chamado cheque escolar que garante a libre elección gratuíta de centro educativo por parte das familias favorecendo así a concorrencia entre centros educativos e, por tanto, a mellora da súa calidade e a adaptación da oferta educativa ás preferencias das familias
- Descentralización na xestión educativa e maior autonomía dos centros educativos tal como se da nos países con mellores resultado no Informe PISA (Suecia ou Finlandia, por exemplo)
- Potenciación da Formación Profesional. Hai que introducir novos ensinos profesionais adaptados ás necesidades da sistema produtivo e a realidade das novas tecnoloxías da información e a comunicación.
- Avaliación da calidade dos centros educativos. É necesario implementar ao final de cada etapa educativa probas homologadas externas da calidade dos resultados de cada centro e transmitir esta información de xeito claro e transparente ás familias.
- Mellorar os procesos de selección e formación do profesorado. Diversos estudos empíricos mostran que os estudantes dos mellores profesores obteñen mellores resultados. Hai que definir e aplicar un plan de carreira para ao profesorado avaliando o seu desempeño e instaurando un sistema axeitado de incentivos.
- Reformar o sistema universitario co obxectivo de (i) incrementar a concorrencia entre as universidades pola captación de recursos e estudantes, (ii) intensificar concorrencia entre os traballadores que se traduza en maiores diferenciais salariais en función da súa produtividade e (iii) impulsar a concorrencia entre os actuais empregados e os potenciais entrantes eliminando as -de facto- importantes barreiras á entrada hoxe existentes.
- Elección social dos xestores universitarios. O reitor e o consello de administración debería ser electos pola sociedade mediante algún mecanismo deseñado para tal fin co obxectivo de que o goberno da universidade escapase ao controlo dos seus asalariados.
- Flexibilización das taxas universitarias. As universidades deberían gozar dunha maior flexibilidade para fixar as súas taxas dentro dunhas cotas mínimas e máximas, o cal contribuiría a dotar as universidades dunha maior autonomía financeira.
- Mais bolsas e créditos. Deberíase aumentar o número de bolsas de estudos así como implementar un sistema de créditos brandos para os estudantes universitarios ao estilo do que por exemplo se fai no Reino Unido, que só se comezasen a devolver cando o graduado ultrapasase un certo nivel mínimo de ingresos. As bolsas e créditos deberían ser válidos para cursar estudos en calquera universidade española, pública ou privada.
- Des-funcionarizar a carreira universitaria A carreira universitaria non pode estar rexida por criterios funcionariais, mais por criterios de produtividade investigadora e docente. Hai que dotar de verdadeira autonomía á universidade na contratación e compensación de persoal.
- Avaliación independente da calidade universitaria. A Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (ANECA) debe mellorar e incrementar os controis de calidade do ensino e da investigación nas universidades transmitindo esta información ás empresas e familias, de xeito semellante ao sistema inglés (Research Assessment Exercise).
- Mobilidade investigadores. Facilitar a mobilidade dos investigadores entre universidade e empresa, por exemplo introducindo a posibilidade de que os investigadores reciban excedencias temporais para traballar en empresa de base tecnolóxica.
- Incrementar a penalización ao repetidores Hai que diminuír o número de convocatorias –hoxe infinitas, na práctica- ás cales se pode presentar un estudante e incrementar a prima na matrícula por segundas e posteriores convocatorias. A poupanza atinxida xunto coa proveniente da redución do número de anos podería destinarse ao financiamento de bolsas e créditos.
- Condicionar en maior medida o financiamento público da universidade á calidade docente e investigadora As universidades deben concorrer en calidade para acceder aos recursos públicos e non só en cantidade, como acontece actualmente. Unha parte do financiamento público da universidade ten que depender dos informes de calidade da axencia nacional de avaliación.