Programa electoral: Deixar as empresas prosperar

Para prosperar precisamos empresas e emprendedores. Eles o único que nos piden é que eliminemos os atrancos que atopan no camiño. Por iso as nosas propostas son:

  1. Limitar ao máximo o uso das licencias e autorizacións previas, supeditándoas exclusivamente a razóns de interese xeral (orde pública, seguranza e medioambiente) e substituílo por outros instrumentos como a declaración responsábel ou as comunicacións previas. É dicir, substituír o réxime de licencias a priori por outro de control a posteriori.
  2. Para incentivar á administración a acurtar os prazos, é necesaria a introdución do silencio administrativo positivo na concesión de licencias.
  3. Eliminar todas as exixencias de cualificación profesional que no estean xustificadas para a abertura de novas actividade e flexibilizar as existentes.
  4. Asegurar a plena eficacia dos mecanismos de constitución “express” de sociedades co obxectivo de que un emprendedor poda poñer en marcha a súa actividade en 24 horas.
  5. Posta en marcha da chamada “xanela única” para evitar a peregrinaxe forzada do emprendedor por unha panoplia de administracións.
  6. Reducir o papel (e o custo) dos notarios e rexistradores ao mínimo necesario.
  7. Conseguir a máxima liberdade de horarios comerciais.
  8. Liberalizar os sectores da enerxía, transporte, telecomunicacións, farmacias, notarías e rexistradores.
  9. Eliminar o imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
  10. Introducir medidas que garantian unha concorrencia efectiva no fornecemento de servizos de acordo coas directivas comunitarias.
  11. Incrementar a independencia dos organismos reguladores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.