Programa electoral: Reforma autonómica

O Estado Autonómico español sofre de graves eivas que se están a manifestar especialmente no contexto da actual crise económica. Existen múltiples duplicidades entre as diferentes administracións, as administracións non posúen os incentivos correctos de gasto –o cal está dar lugar ao dispendio– e , ademais, as institucións propias da representatividade territorial adoecen dun deseño extremadamente deficiente.

Por todo isto, en Converxencia 21 acreditamos que é indispensábel un redeseño profundo da organización territorial do Estado avanzando pola vía do federalismo e reformulando un novo consenso constitucional ao respecto.

Por iso, as nosas propostas son:

  1. Mudanza no financiamento autonómico instaurando o federalismo fiscal de xeito que cada administración sexa responsábel dos seus ingresos e gastos como único xeito de instaurar a corresponsabilidade fiscal e evitar, así, o dispendio.
  2. Eliminar ministerios que se solapan coas competencias autonómicas e todo tipo de organismos públicos redundantes.
  3. Reforma integral do Senado para convertelo nunha auténtica cámara de representación territorial.
  4. Aceptación explícita do carácter plurinacional do Estado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.