Programa electoral: Reforma fiscal

Sufrimos un sistema fiscal cunhas taxas impositivas das mais elevadas de Europa. A elevada imposición que soportan as familias e empresas están a hipotecar o crecemento económico. O actual goberno do Partido Popular insistiu, incumprindo todas as súas promesas, en aumentar salvaxemente as cargas tributarias de familias e empresas. Esta é unha política errónea que en vez de facilitar a saída da crise agudizouna. Por outro lado, o noso sistema fiscal está repleto de desgravacións e deducións que favorecen aos privilexiados e favorecen o fraude, o cal o converte en intrinsecamente inxusto.
En Converxencia 21 acreditamos en que existe outro camiño: a redución e simplificación de impostos. Por iso, as nosas propostas son:

  1. Reducir as cotizacións sociais a un 18% do salario bruto do traballador co fin de abaratar os custos laborais sen que esta diminución repercuta negativamente no poder adquisitivo do asalariado.
  2. Introducir unha taxa impositiva única do 25% sobre a renda –tanto procedente do traballo como do capital- cun mínimo exento de 15.000 euros anuais. O mínimo exento convertería o imposto en progresivo e permitiría que quen cobrase por debaixo dos mil euros ao mes non tivese que pagar o imposto sobre a renda
  3. Taxa única do IVA para todos os produtos do 8% co fin de favorecer o consumo e a recuperación da actividade económica.
  4. Reducir o imposto de sociedades ao 10% dos lucros anuais da empresa para así favorecer o investimento produtivo e a entrada de capital estranxeiro.
  5. Eliminar todos os privilexios fiscais (deducións, desgravacións,…) que confunden, complican, favorecen o fraude, discriminan e, en definitiva, fan inxusto o noso sistema fiscal e que especialmente afectan ao imposto sobre a renda e ao imposto de sociedades.
  6. Elaborar un plan para perseguir o fraude fiscal co obxectivo de aumentar a recadación fiscal e acabar coa inxustiza de que o peso do fisco sexa soportado polo asalariados.
  7. Eliminación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados que hoxe en día está a supor unha enorme traba ao emprendemento no noso país.
  8. Eliminación do imposto de sucesións e doazóns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.