Neste pais instaurouse unha estrutura descentralizada do Estado –o Estado Autonómico- sen ter previamente desmantelado a estrutura centralizada do Estado. Esta xustaposición de estruturas administrativas redundantes é fonte de múltiples ineficiencias. Ademais, a división municipal, tanto galega como española, é completamente arcaica con multitude de concellos de ínfima dimensión incapaces de financiarse e de fornecer aos cidadáns dos servizos públicos imprescindíbeis nunha sociedade do século XXI.
Por iso, en Converxencia 21 acreditamos en que é imprescindíbel unha profunda reestruturación da administración local que a capacite para realizar eficientemente as súas tarefas. Por iso, as nosas propostas son:
- Reforma da organización territorial: eficiencia e modernidade
- Finiquitar a estrutura provincial do Estado.
- Eliminar as Deputacións Provinciais
- Suprimir as Delegacións provinciais tanto do Goberno Central como autonómicas.
- Reducir o número de concellos galegos dos 312 actuais a un número arredor da cincuentena tomando como base a división comarcal.
- Dotar de capacidade de auto-financiamento ao concellos para que sexan responsábeis tanto dos seus gastos como dos seus ingresos.
- Instaurar mecanismos independentes de supervisión e control das actuacións e contas municipais.