Dende C21 Tui facemos unha valoración positiva do proceso de renovación no seo do centro-dereita tudense que nos leva a reiterar a nosa disposición ao diálogo para a constitución dun goberno alternativo.
O devandito diálogo ten que ter un carácter programático; calquera posibilidade de cambio de goberno ten que estar baseado nun acordo previo sobre un programa de medidas pensadas para mellorar Tui e, xa que logo, a calidade de vida dos seus habitantes. Neste eido, as liñas mestras das nosas propostas son:
- Un paquete moi ambicioso de rebaixas fiscais e de devolución do poder á sociedade civil.
- Prioridade urbanística na dotación de aparcamento, porque o aparcamento en circunstancias claramente inadecuadas, como a traseira da Area Panorámica, está atascando cambios imprescindibles.
- Transparencia: Tui é hoxe penúltimo concello de Galicia nos rankings de transparencia, no que queda de mandato isto debería ser drásticamente mellorado.
- Participación: Inquéritos através de internet e orzamentos participativos para as parroquias do rural.
- Aposta trasversal polo casco histórico como o principal activo de Tui: dotación de servizos, investimentos, etc.
Calquera goberno que conte coa presenza de C21 supón un cambio profundo; hai que ter en conta que estamos ante o único partido nítidamente liberal do panorama político galego e desde logo non hai un só exemplo en Galicia e moi poucos no sul de Europa gobernados desde o paradigma liberal.
Carlos Vázquez Padín