C21 suspende as negociacións para a constitución dun novo goberno en Tui

A executiva local de C21 acaba de acordar, reunida en sesión extraordinaria, suspender cautelarmente as negociacións que estiveron tendo lugar coa perspectiva de poder constituir un goberno alternativo ao actual. O partido dos liberais galegos sempre ten actuado con responsabilidade e transparencia e pensamos seguir facéndoo.

Polas novas que temos visto de forma continuada na prensa nos últimos días, hai dúbidas sobre o compromiso dalgúns concelleiros e mesmo sobre a identidade do sustituto ou sustituta na lista de APTUI. Ata que non saibamos con exactitude o nome dos concelleiros que van integrar a corporación no sucesivo e o seu posicionamento a respecto da situación política local, non ten sentido ningún manter aberto o proceso.

O responsable neste momento é, xa que logo, suspender o proceso. Calquera pacto gubernamental ten que ter o sólido compromiso por parte dos nove concelleiros dese futurible goberno e por parte das direccións nacional de C21 e provincial do PP, con compromisos claros e públicos e cun proceso de diálogo programático serio e transparente que implique a todos os concelleiros. Neste intre non se dan esas precondicións que C21 considera imprescindibles.

Asinado

Executiva local de C21 de Tui

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.