Trala reestructuración da formación os liberais de Galicia preparamos as eleccións municipais de maio. Tui será a candidatura principal, pero non se descarta que C21 poida presentar algunha lista máis.
No caso de Tui, aínda está pendente a designación do candidato, que seguramente se elixirá no mes de marzo por parte do Ágora Local, tan como marcan os novos estatutos. Nese sentido, destacar que o actual concelleiro e Presidente, José Palacín, mostrou disponibilidade a encabezar un proxecto que recupere a transcendencia do partido centrista nesta localidade. Por outra banda, Carlos Vázquez Padín, tamén mostrou interese en apoiar na campaña e moitas das persoas que concurrirón na lista do ano 19 mostraron tamén a súa desponibilidade a integrarse cara a este novo reto.