C21 lamenta os terribles feitos acaecidos no Centro Histórico de Tui.

O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, ven de mostrar a súa consternación pola queima indiscriminada de vehículos acaecida durante a pasada noite no Centro Histórico de Tui.

Os liberais, ante todo, solidarízanse cos veciños que foron vítimas desta barbarie e afirman que colaborarán co Goberno nas axudas que se destiñen a paliar os danos. Do mesmo modo, felicitan  aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado pola rápido esclarecemento do caso. 

Palacín expresa literalmente: “O centro Histórico de Tui sufriu un dos golpes mais duros dos últimos anos, e insiste en que deben reforzarse a seguridade e os protocolos de intervención polos servizos de emerxencia”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.