Converxencia 21 quere desexarlles unhas Felices Festas.

Converxencia 21 quere desexarlles un Feliz Nadal e un próspero 2024. É certo que vivimos tempos convulsos nun mundo cheo de guerras e inxustiza, onde a liberdade individual e os dereitos civís están a ser pisoteados polos estados e por unha ideoloxía comutitarista totalitaria, incluso en países que se autoconsideran democráticos, pero os liberais cremos no ser humano e na prosperidade acadada a través da meritocracia nun mercado libre e ausente de burocracia e regulamentos absurdos, cremos na democracia participativa formalizada nun estado que de verdade xexa un xerador de sinerxías ca sociedade civil e cos individuos en vez de actuar como unha máquina opresiva. Algún lugar do mundo, tras unha catarse brutal, espertou do pesadelo das ideoloxías colectivistas. Nos en Galicia, en España e en Europa aínda estamos na fase de precipitarnos cara ao abismo porque a clase política dominante quere facer crer que o engrandecemento dos estados proporciona unha solución de vida as persoas. Quedan anos duros, pero nos estaremos sempre presentes para confrontar a idea do Estado Total.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.