Converxencia felicita ao Partido Popular e a Alfonso Rueda polo triunfo electoral.

Converxencia 21, facendo gala da ética e respecto que nos caracteriza, queremos felicitar a Alfonso Rueda e ao Partido Popular polo triunfo electoral do 18 de febreiro.

Por suposto, unha vez máis, a sociedade galega ofreceu unha lección de civismo na xornada de votación o cal sempre é un aspecto a destacar.

Respecto ao próximo Goberno da Xunta, expresar que agardamos que defendan a ultranza os intereses de Galicia, que xestionen con eficacia e honradez, que pensen na cidadanía e que practiquen unha política que promova a meritocracia, respecte a propiedade privada, impulse o emprendemento e que reduza a burocracia e a carga impositiva, cuestións estas últimas de índole fiscal e económica que, lamentablemente, non sempre observamos nos gobernos pasados do PP.

Por último, queremos felicitar a xesta heróica e entrada no Parlamento galego de Armando Ojea ca súa formación Democracia Ourensana. Consideramos que a presenza desta forza política na institución suprema de Galicia é unha esperanza para os partidos como Converxencia 21.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.