O colapso do partido dos Tories en Gran Bretaña outorga unha oportunidade histórica ao LIBDEM. Dende facía unha década, cando xurdira a figura de Nick Clegg, os liberais británicos non se atopaban ca opción de acadar unha representación tan alta no Parlamento. As enquisas danlle ao partido liberal perto de 50 deputados, pero o que é máis importante, poderían quedar por enriba (en representación) da formación conservadora clásica.
O LIBDEM foi a única forza política que fai tres anos non escoitou os cantos de serea populistas que afundiron a Gran Bretaña nun abismo fora da UE. Agora, comprobados os desastrosos resultados daquela decisión de afastarse de Europa, o electorado das illas, comeza a darlle crédito aos liberais reformistas que estarían sobre o 10% dos sufraxios e en torno a 45 ou 50 escanos.
Desexamos sorte ao seu lidel Ed Davey.