Converxencia 21 entra na Confederación Municipalista

Converxencia 21 acaba de dalo paso de formar parte da denominada Confederación Municipalista, un proxecto a nivel do Estado español que ten como obxecto conseguir cas administracións locais deixen de ser a cincenta das institucións españolas.

Esta agrupación de partidos de ámbito local, autonómico e tamén estatal pretende artellar iniciativas para que os municipios, que están na primeira liña de servizo á cidadanía, teñan mais potestades, independencia, recursos e financiamento para poder acometelos retos do futuro.

Por outra banda, esta confederación pretende organizar un gabinete xurídico que actúe en defensa e asesoramento dos alcaldes e concelleiros das formacións socias no exercicio das súas funcións.

C21 lanzará iniciativas que redunden na mellora do sistema de finaciamento e que deixen de tratar aos concellos de forma infantil, e dende unha perspectiva liberal que aposten pola redución drástica da burocracia respecto ao administrado e entre as diferentes isntitucións, poñendo especial énfase na transformación da Lei de Administración Local de Galicia.

Por último, subliñar que o presidente e principal artífice desta unión é David García, Alcalde de Nules (Castellón) e queremos desexarlle sorte no seu mandato.

Confederación Municipalista

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.