O pasado día 31 de xullo, tres días despois das Eleccións Presidenciais no país irmán, Converxencia 21 – Tui presentou unha moción no Pleno desta Corporación que se titulaba: “Solidariedade co pobo de Venezuela e pola transparencia democrática” na cal, tras realizar un relato da situación previa e inmediatamente posterior aos comicios, esixiamos ao Goberno de España non recoñecer a Nicolás Maduro en tanto o CNE non presentase as actas do seu suposto triunfo, do que, por certo, dubidamos moito dende a nosa formación, sobre todo habida conta das contundentes probas de victoria aplastante aportadas por parte da Oposición encabezada por D. Edmundo González Urrutia.
Se o Consello Electoral Nacional (CNE) ten probas do resultado co que pretende proclamar a Nicolás Maduro, documentos de actas verificables, que as presente a maior brevidade ante a comunidade internacional, pero a día de hoxe C21 consideramos que Edmundo González Urrutia é o novo Presidente do Goberno de Venezuela, e o chavismo que tanto dano ven provocando á liberdade e á prosperidade dos venezolanos debe pasar a oposición, ou máis ben ao desterro.
Lamentablemente Maduro e as súas hostes xa avisaran que non pensaban entregar o poder e que seguirían aferrados a Miraflores, “Por las buenas o por las Malas”, así que solicitamos ao mundo libre que non desfalezca na súa presión contra este réxime opresor, corrupto, ineficiente e agora xa oficialmente ilexítimo.
Venezuela merece unha oportunidade e un futuro.
Esta moción foi apoiada polo Partido Popular, a quen damos as grazas, obtivo unha tímida e incompresible abstención do PSOE e foi rexeitada polo BNG quen realizou unha defensa a ultranza do dictador e do proceso electoral, chegando a catalogalo como exemplar.
¡Saquen conclusións sobre o ideal de modelo de goberno desta formación!