Ante todo e por suposto, o nosa solidariedade cas familias das vítimas e afectados persoais e materiais deste terrible drama.
Dito isto, e trala análise pertinente, Converxencia 21 chegamos a conclusión de que, unha vez mais, como na traxedia do Prestige, Biescas, Aznalcollar, Lorca, La Palma, etc… o Estado no seu conxunto non estivo a altura.
É certo que a proporción do fenómeno meteorolóxico foi enorme e que determinadas circunstancias magnificaron a traxedia, pero tamén é verdade que en décadas de recorrencia do fenómeno da Gota Fría en Levante ningún goberno artellou infraestruturas e o mantemento axeitados para afrontar estas continxencias e que os protocolos de emerxencias fracasaron estrepitosamente, o cal, sen dúbida, redundou na ampliación do desastre, sobre todo respecto das vidas humanas.
Por outra banda, en contraposición, a sociedade civil respondeu con coraxe e solidariedade, axudando ás persoas con solvencia nos primeiros momentos tralas inundacións, e aínda hoxe segue sendo así grazas ao voluntariado.
Isto lévanos a pensar que o Estado atópase tan sobredimensionado e burocratizado que non ten capacidade de resposta as cuestións, das que, precisamente, debía facerse cargo.
Por enriba, a partitocracia española deu un novo exemplo de ruindade e ridículo sen límites, tentando, tanto a administración Central como a Autonómica, liberarse das culpas pola súa incompetencia sinalando ao contrario. Neste caso a responsabilidade está claramente compartida.
Tras este tipo de horribles sucesos, os responsables políticos afirman sempre que acumulan experiencia para afrontar futuros problemas similares, pero a verdade é que o dejavu do Estado e da partitocracia burocrática resulta xa cansino.
Os mellores desexos para a cidadanía de Valencia e C21 aportará o seu grao de area colaborando dende a Confederación Municipalista.