Converxencia 21 convoca o seu VII Congreso Nacional (Extraordinario)

O próximo día 5 de abril, sábado, celebrarase en Tui (Área Panorámica) o VII Congreso Nacional (Extraordinario) de Converxencia 21.

A nosa formación fundouse no 2009 ca intención de formular unha proposta á sociedade galega que defendese a liberdade individual e os valores democráticos. C21 é unha formación liberal, reformista, galeguista e municipalista que entendemos útil para as persoas e para as Institucións, procurando a properidade e a liberdade dos individuos, entendendo que esta acádase por meritocracia pero creando as condicións para que exista a igualdade de oportunidades na sociedade.

Asi pois, Converxencia 21 cre na inciativa privada e na sociedade civil, sendo partidarios de que a intervención do Estado quede constrinxida ao esencial pero indispensable para vivir nun mundo ético e solidario. Somos firmes detractores da burocracia e do exceso de regulamentación á que se ven sometidas as pesoas, as empresas a as propias institucións do Estado.

Durante estes 15 anos de existencia, insistimos nestas mensaxes e consideramos que ante a deriva que toma o mundo, verase co paso do tempo que tiñamos razón. Asolados polo control do Estado e das tecnoloxías mal aplicadas (sen ética humana), acorralados polas ideoloxías radicais e maximalistas chegaramos ao colapso do sistema e quen sabe si de máis.

As persoas que conformamos ou simpatizamos con Converxencia 21, entramos precisamente de plano no século XXI, non seguimos anclados no pasado, sabemos que podemos artellar unha Galicia do século XXI en concordia e simbiose con outros pobos e Estados, pero ao tempo observamos que a cidadanía non nos ven outorgado en todo este tempo o respaldo para operar o cambio.

Todo isto o trataremos no VII Congreso Nacional e tomaremos resolucións sobre o futuro. Un congreso que en realidade iniciarase nos días anteriores ao 5 de abril e que debería levarnos a novos escenarios de actuación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.