Liberais

C21 ten unha potente impronta liberal, de feito, o noso Presidente, José Palacín, participou activamente na implantación no noso territorio do proxecto ELDR – ALDE entre 2009-2014. Na foto podemos ver a José Palacín con Sean O Curneen (Secretario Xeral polo ALDE do Comité das Rexións en Europa) durante a campaña das Europeas en 2009 co partido Centro Democrático Liberal, socio entón en España do ELDR (Grupo Liberal Demócrata Europeo).

Converxencia 21 está ensamblado co ELF (Europaen Liberal Forum) a través de Galidem. Na foto observamos o momento dunha conferencia de noso Presidente Fundador e de Honra, Carlos Vázquez Padín, ante estudantes en Santiago de Compostela. A Galidem é unha asociación que funciona como laboratorio de ideas que ten como propósito promocionar a liberdade e a democracia en Galicia, afianzando os valores de liberdade individual, dereito a propiedade, prosperidade económica, redución da presión fiscal, equidade, a non intervención do Estado en tódalas facetas da vida, reducción drástica da burocracia, limitación do poder dos políticos, división de poderes, dereito ao autogoberno, máis potestades, recursos e competencia para os entes locais, etc…