Contra a fraude electoral do Partido Popular

O Partido Popular pretende aprobar en breve unha reforma electoral que reducirá o número de escanos no Parlamento de Galicia dos 75 actuais a 61. A desculpa aducida é o aforro que tal redución suporá para as arcas públicas. Se algo caracteriza a Converxencia 21 é a súa intención de suprimir todos os gastos superfluos […]

Contra a intervención militar en Siria

Os estados occidentais teñen o desafortunado costume de intervir frecuentemente nos asuntos internos de terceiros países. En casos extremos recorren ao uso directo da forza bruta esgrimindo razóns humanitarias para xustificar a intervención. Porén, a historia amosa que frecuentemente detrás destas louvables razóns agóchanse escuros intereses que nada teñen a ver co que se predica. […]

Outra Política Aeroportuaria é posible

  Logo de tres aeroportos –concentración inaudita no orbe occidental-, centos de millóns de euros en investimentos aeroportuarios e millóns dispendiados en subsidios a compañías aéreas, Galicia segue cunhas deplorables conexións aéreas co resto do mundo e os aeroportos galegos non cesan de perder pasaxeiros. É dicir, que se estamos mal aínda podemos ir a […]