Os liberais galegos celebramos que o pasado 4 de xullo o Parlamento Europeo rexeitase a aplicación do Acordo Comercial Anti-Falsificación (Anti-Counterfeiting Trade Agreement – ACTA), que suporía un contundente golpe ás liberdades individuais en Europa, por 478 votos en contra, 39 a favor e 165 abstencións. Antes da votación o Parlamento Europeo recibiu unha petición […]
Posicionamentos
Contra o dispendio nas infraestructuras públicas
Nos últimos anos vimos observando un modelo de actuación, por parte do goberno do Estado, en canto ás políticas de infraestructuras públicas case que esperpéntico. O goberno non só dilapida milleiros de millóns de euros en infraestructuras dos fondos públicos senón que ademais a lóxica destas infraestructuras non responde a un patrón de mellora estratéxica […]
En prol da igualdade de dereitos entre as persoas
Converxencia XXI sempre se posicionou en prol da liberdade individual. Porén, queremos aproveitar os festexos do Orgullo LGBT para reivindicar a igualdade de dereitos entre as persoas, sexa cal sexa a súa orientación sexual. Desde Converxencia XXI entendemos que o matrimonio é un dereito de tódolos cidadáns – e non un privilexio dunha colectividade – que significa […]
Contra as subvencións aos partidos políticos
Os partidos políticos maioritarios teñen promulgadas moitas leis exclusivamente ao seu servizo. Paradigmática é a que regula os subsidios que han recibir a conta de todos os contribuíntes. A suma non é nimia. Por exemplo, de acordo coa Lei Orgánica 8/2007 sobre financiamento dos partidos políticos o PP recibiu pola súa representación no Congreso no […]