Prestes a cumprir catro anos desde a fundación de Converxencia 21 tomo a decisión de non recandidatarme á Secretaria Xeral, no III Congreso, que se ha celebrar o vindeiro 20 de abril. A pesar de que non mo pediu nen unha soa persoa, tomo esta decisión por responsabilidade cos afiliados e coa parte da cidadanía […]
Converxencia 21
Converxencia 21 oponse ao financiamento público dos partidos e das súas fundacións
Converxencia 21 leva denunciando desde xa hai moito tempo o uso de fondos públicos –e por tanto a conta dos petos dos contribuíntes- para financiar a partitocracia imperante. Como xa temos sinalado, este financiamento discriminatorio altera substancialmente a concorrencia electoral –repercutindo por tanto no deficiente desempeño da nosa democracia- e, como demostran múltiples e recorrentes […]
A Xunta de Galicia fuxe das súas funcións unha vez máis
O pasado 18 de outubro, Converxencia 21 rexistrou na Xunta de Galicia unha petición formal para a retirada da Medallas Castelao a Jose Luis Méndez e Julio Gayoso porque, ao noso entender, non eran merecedores de tal condecoración por evidentes – e xa expostos – motivos. A resposta da Xunta de Galicia a Converxencia 21 foi […]
"Á cidadanía", sobre a folga xeral
Á cidadanía. Diante da convocatoria de folga xeral no noso país, folga común a España, Portugal, Francia e Italia, queremos manifestar o seguinte: 1.- O dereito á folga é un dereito fundamental dos traballadores recollido no artigo 28.2 da Constitución española e está previsto e regulado no Real Decreto Lei 17/1977 de Relacións de Traballo. 2.-O art. […]
Converxencia 21 apoia ao candidato Gary Johnson nas eleccións presidenciais dos EUA
Os Liberais Galegos apoiamos ao candidato Gary Johnson (Libertarian Party) para a cita electoral deste vindeiro martes 6 de novembro. Gary Johnson é a alternativa ao status-quo que representan Barack Obama e Mitt Romney, ámbolos dous apoiados polas grandes corporacións do país. Os libertarios, fronte ao corporativismo e proteccionismo existentes na actualidade, ofertan unha vía liberal: […]
Converxencia 21 en contra do imposto de sucesións da Xunta
Converxencia 21 quere alertar das elevadas revisións que a Consellería de Facenda está realizando sobre expedientes de sucesións presentados neste exercicio para elevar a recadación por este imposto, xusto cando o Sr. Núñez Feijóo asegurou que non ía subir impostos en Galicia e mesmo chegou a levar no seu programa electoral (en 2009) a supresión deste […]
Por unha reorganización da administración pública
Reorganizando o gasto superfluo: como e porqué. A administración autonómica está sobrecargada. Isto significa, entre outras cousas, que sobran moitos organismos e entes ligados dun ou doutro xeito á administración. Non quere isto dicir que necesariamente sobre as funcións que presuntamente realizan estes organismos públicos. O que quere dicir é que sobra a estrutura implementada para […]
Lista de ‘chiringos’ que nós suprimiríamos
Premendo na seguinte ligazón poderás observar tódolos ‘chiringos’ da Xunta de Galicia que en caso de que gobernase, Converxencia XXI suprimiríaos: – Os chiringos que nós eliminaríamos. Informamos que a supresión destas redes clientelares non implica a perda de competencias por parte da Xunta, senon que serían recollidas por outras administracións competentes.