O sábado 5 de maio, Converxencia XXI celebra o Día do Partido. Apúntate!

Con motivo da celebración do 3º aniversario de Converxencia XXI, os liberais galegos decidimos festexar unha data tan sinalada cun xantar ao que están convidados afiliados e simpatizantes o sábado 5 de maio a partires das 14:00 horas.

O xantar terá lugar no RESTAURANTE PARRILLADA SAN MARTIÑO – Lugar de Espiño, CP: 15866 Calo, Teo (Santiago de Compostela) -.

O prezo do xantar será de 22 € por persoa.

Animamos a todas aquelas persoas interesadas en coñecer o proxecto de Converxencia XXI a que se acheguen a partillar uns momentos distendidos moi gratificantes.

Para apuntarse ó evento, hai que comunicalo na dirección caixadecorreo@converxencia.eu á maior brevidade posíbel.

– Como chegar?
O Restaurante-Parrillada San Martiño sitúase na estrada que une o Milladoiro e Padrón (fica sinalizado cun cartel enorme), máis preto do Milladoiro.
Desde o sur: Os que veñan pola AP9, desde o sur, deben sair en Padrón e, unha vez cruzada a vila, seguir pola estrada vella en dirección Santiago de Compostela.
Desde o norte: Os que veñan desde o norte, han de sair no Milladoiro e coller a estrada dirección Padrón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.