Carlos V. Padín destacou, na súa intervención desta tarde en OndaCero-Galicia, o erro histórico que suporía a creación dun segundo proxecto de esquerda nacionalista en troques dunha gran organización de centro con base no liberalismo social.
O Secretário Xeral de Converxencia XXI lembrou que o modelo marxista que representan paises como Cuba ou Venezuela é un camiño equivocado e nunca se debe ter coma un referente para Galicia.
Tamén manifestou que o PP “xa nin sequera defende o galeguismo folclórico” ademáis da súa “constante deriva intervencionista e clientelista que o alonxan cada vez máis do liberalismo”.
Entrevista:
Entrevista a Carlos V Padín en Onda Cero Galicia 21/03/2012