Contra a reforma da Lei de bases de Réxime Local

O goberno do Partido Popular prepara a reforma da Lei de Bases de Réxime Local. Unha vez reformada esta, modificará a Lei de Facendas Locais. Polo que ten transcendido a reforma do goberno Rajoy pivotará arredor de dous eixos:

1. Mantemento do actual número de Concellos.

2. As Deputacións Provinciais fornecerán de servizos públicos aos concellos pequenos.

 

– Ante isto Converxencia XXI considera:

1. Que se o o goberno do Partido Popular se nega a reducir significativamente o número de concellos e pretende incrementar as atribución das Deputacións é exclusivamente por interese propio contrario ao interese dos cidadáns. Así, o Partido Popular poderá manter un gran número de postos políticos cos que retribuír aos próximos ao tempo que poderá manter todas as redes clientelares que tantos réditos electorais lle teñen dado.

2. Unha reforma baseado nos presupostos do Partido Popular non ha contibuir a incrementar a eficiencia da administración local pois o fornecemento dos servizos públicos recaerá en institucións como as Deputacións sometidas a un control democrático moi deficiente. Todo o
contrario, a corrupción incrementarase.

3. Non ha contribuír ademais porque insiste en manter Concellos inviábeis polo seu reducido tamaño poboacional que ademais valeira de contido ao incrementar as atribucións das Deputacións. Por tanto, para que quere o cidadán manter toda unha serie de cargos político con
escasas e reducidas atribucións? Para nada ou case nada, salvo para que estes cargos políticos realicen labores puramente caciquís de intermediación entre o poder provincial e os cidadáns.

 

– Porén Converxencia XXI conclúe que unha reforma da Lei de Bases de Réxime Local e da Lei de Facendas Locais debería descansar en tres piares:

1. Redución significativa do número de Concellos, de xeito que en Galicia o seu número pasase dos máis de trescentos actuais aos 53, considerando este o número óptimo tras estudar a viabilidade da reforma.

2. Eliminación da estrutura provincial do Estado e, consecuentemente, das Deputacións provinciais.

3. Instauración dos principios do Federalismo Fiscal a nivel local de xeito que os concellos sexan autónomos financeiramente e responsábeis tanto dos seus ingresos como dos seus gastos.

Desde Converxencia XXI queremos lembrar a nosa absoluta coherencia neste tema. Fomos o primeiro partido en Galicia en demandar unha redución significativa do número de concellos e somos aínda os únicos que abertamente defenden esta reducción. Cando moitos outros calaban sobre a supresión das Deputacións, nós sempre mativemos a nosa voz alta e clara a favor da supresión. Neste, como noutros temas, a nosa opinión vai callando pouco a pouco no corpo social, obrigando a outras forzas políticas a tomar partido e en ocasións facer puro seguidismo das nosas propostas.

2 thoughts on “Contra a reforma da Lei de bases de Réxime Local

  1. Marcos Figueiró Xuño 24, 2012 at 2:30 p.m. - Reply

    Os representantes políticos continuan a non ver nen os problemas da atual division administrativa nen o desperdício de reursos económicos que estan a causar. Isso si, continuan a se beneficiar desta obsurdidade. Eu iria mais alá da reducion de municípios, simplemente faria unna division comarcal, e de rango superior unicamente o Governo de Galiza.

  2. Converxente Xuño 25, 2012 at 6:40 p.m. - Reply

    Marcos, iso é que propón Converxencia XXI, unha división municipal que coincida coa actual división comarcal, pasando Galicia de 316 a 53 concellos http://www.converxencia.eu/wp-content/uploads/2012/03/Relatorio-reforma-administrativa-local-de-Galicia.pdf

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *