Feliz Día Nacional de Galicia

O 25 de xullo, día de Santiago Apóstolo, celebramos o Día Nacional de
Galicia. Desde Converxencia XXI desexamos, nesta data tan especial
para todos nós, ter unha pequena lembranza para todos aqueles bos e
xenerosos que co seu esforzo altruísta contribuíron a que hoxe todos
en Galicia sexamos un pouco mais libres, un pouco mais prósperos, un
pouco mais felices. Por este motivo, realizaremos no Panteón de
Galegos Ilustres unha ofrenda floral que queremos sexa o símbolo do
noso recoñecemento e agradecemento a todos eles.

O Día Nacional de Galicia deber ser un día festivo vivido en
confraternidade e harmonía, unha mostra da Galicia aberta e próspera
que todos desexamos. Un día para todos sentírmonos partícipes, sen
distinción de condición, desa gran aspiración común que é Galicia, a
nosa Terra.

Desde Converxencia XXI queremos desexarvos a todos que pasedes unha
alegre xornada festiva e desfrutedes deste día tan especial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *