A democracia no noso país non goza de demasiada boa saúde debido tanto a un deficiente deseño das regras electorais, que priman os grandes partidos e prexudican aos pequenos e dilúen a responsabilidades dos representantes ante os representado, como a unha difusa separación de poderes. O sistema na práctica instaura un sistema partitocrático no que que a vontade dos cidadáns queda a expensas das decisións das oligarquías partidarias. Ademais, necesitamos mudar moitas regras e institucións para fomentar a reponsabilidade dos representantes públicos. Só así estes terán os incentivos axeitados para levar adiante as políticas que favorezan a prosperidade e refusar de procurar o puro lucro persoal e dos achegados.
Desde Converxencia 21 avogamos por un sistema electoral limpo, equitativo e concorrencial no que todos os participantes concorran en igualdade de condicións e por un profunda reforma das institucións co obxectivo de fomentar a responsabilidade dos representantes ante os representados e garantir a efectiva división de poderes.
Por iso, as nosas propostas son:
- Supresión de todas as subvencións aos partidos políticos que só favorecen o statu quo protexéndoos da sempre disciplinante concorrencia.
- Eliminación das porcentaxes mínimas requiridas para obter representación nas cámaras.
- Corrixir as distorsións na representación causadas pola existencia de xurisdicións electorais desequilibradas.
- Regulación estrita da publicidade institucional.
- Prohibición das subvencións gobernamentais aos medios de comunicación .
- Prohibición do mailing electoral.
- Prohibición do envío de papeletas electorais.
- Eliminar os espazos electorais gratuítos ao que teñen dereito os partidos políticos nos medios de comunicación, cuxos criterios de reparto só benefician aos partidos do statu quo.
- Instaurar un novo sistema de representatividade que fomente a responsabilidade dos representantes ante os seus representados e non, como acontece actualmente, só ante a xerarquía partitocrática.
- Os partidos deberán contabilizar a identidade dos seus donantes así como o montante da doazón.
- Prohibir por lei a condonación das débedas dos partidos políticos.
- Prohibir por lei as doazóns anónimas, de empresas e de organismos públicos aos partidos políticos.
- Estatus de independencia de los medios de comunicación públicos, antes de que se produza a súa preferíbel privatización.
- Reformar o código penal para aumentar as penas por aqueles delitos cometidos polos servidores públicos no exercicio das súas funcións.
- Reformar a Lei Electoral para excluír aos procesados das listas.
- Impulsar a iniciativa lexislativa popular reducindo as esixencias para a súa presentación e exercicio.
- Regular o réxime de pensións dos deputados e altos cargos, equiparándoo ao máximo de calquera outro traballador.
- Ampliar o réxime de incompatibilidades dos cargos públicos.
- Os altos cargos –incluíndo familiares en primeiro grao- non poderán participar en concursos públicos nin recibir remuneracións adicionais ao seu soldo e as súas empresas non poderán recibir subvencións.
- Reformar o regulamento da Cámara para facilitar a creación de comisións de investigación.
- Instaurar unha lei anticorrupción que inhabilite de por vida o político e o empresario implicado en caso de suborno para poder concorrer a calquera concurso público.
- Os candidatos ao Consejo General del Poder Judicial e al Tribunal Constitucional deberán ser electos por maioría cualificada no Congreso e os seus cargos terán carácter vitalicio.
- Reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial para garantir un poder xudicial independente.
- Impulsar a mellora da eficiencia na administración de xustiza