O actual concelleiro de C21 – Tui, José Palacín, foi elixido Presidente Nacional no VI Congreso celebrado o pasado 26 de Novembro en Tui.
Neste Congreso Converxencia 21 afrontou unha reforma estatutaria potente que afondou en algúns aspectos fundamentais dos principios ideolóxicos, reformulou a organización da formación e modificou a dirección no seo do principal órgano executivo, a Executiva Nacional.
Con estes cambios C21 aspira a converterse nun partido máis democrático, maís conectado ca sociedade e con maior operatividade.
Eduardo Freiría asumiu a Secretaría Xeral e Carlos Vázquez Padín a Presidencia de Honra.